Empezamos moi cedo , as seis da tarde xa estaban as portas abertas e probando son e luces , pouco a pouco foron chegando rapaces de todas as idades , curiosos atraídos pola maxia do Antroido , ás sete e media había anotados oitenta disfraces nas dúas categorías ( nenos de 0 a seis anos – rapaces de 7 a 14 anos ) , gañaron todos , non había forma de dicir cal era o mellor , e como non está ben fomentar a competencia a esas idades, houbo un premio xeral. Música , doces , chuches , refrescos , pelotas e globos , xogos e un paiaso que fixo a ledicia dos cativos. Fixemos unha parentese para deleitarnos con catro pezas á pandeireta ,agasallo do noso querido Grupo “A revolta”O éxito foi rotundo e quedamos desbordados pola asistencia , había un centenar de nen@s disfrazados , cós pais e familiares e moitos curiosos chegariamos a xuntar cerca das catrocentas persoas.


Antroido 2008
¿Que custa facer unha festa?: ademais de moito traballo , moitas horas ao telefono , moitas preocupacións tamén houbo que sufragar uns gastos coma :
. Aluguer de calefactores e vallas de protección ..... 350 €
. Seguro de responsabilidade civil .......... 210 €
. Aluguer de xerador de electricidade ... 180 €
. Iluminación e decoración ...................... 150 €
. Carteis e trípticos ................................... 220 €
. Aluguer de pantallas e proxectores ..... 400 €
. Premios e homenaxe ....,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,. 150 €
. Taller de nenos e chuches ..................... 150 €
. Aluguer de son , técnicos e músicos ..... 500 €
. Bombas de palenque .............................. 150 €
Por todo isto somentes darlle as gracias aos colaboradores outra vez . Co apoio de todos os veciños da gusto traballar !!!
A idea inicial era a de recadar coa cantina uns cartiños , pero fixeron falla para pagar unhas facturas e gastos imprevistos de última hora. Por iso e a falta de colaboración das institucións , os cartos de superávit que se ían dedicar a unha pulpada na inauguración do Parque da Codeseira, quedaron en nada. – Xa pagará o Concello-
Pola noite comezamos a homenaxe a Enrique Güimil un pouco tarde , ás 11:15 , corenta e cinco minutos de retraso ,comezamos a presentación da homenaxe dirixido por D. Juan de la Fuente , falouse da persoa de Güimil e o seu legado ao barrio nun emotivo discurso ante mais de 150 veciños e invitados , entre eles a familia do homenaxeado . Entregóuselles unha placa conmemorativa , un ramo de flores e a promesa de propoñer que unha calle do barrio leve o nome do homenaxeado.
¿QUEN FOI D. ENRIQUE GÜIMIL?
A principios dos anos corenta do século pasado , eran tempos difíciles de moita fame e pouca liberdade , o Antroido estaba prohibido , as bandeiras perseguidas e a lingua case que esquecida . Un barrio da man do mestre Güimil percorreron media Galicia coa súa Comparsa. O estandarte ca bicolor branquiazul e co lema “ Os Atamicos de Vidán “, as letras ,(en galego da época), críticas coa sociedade que ao día de hoxe non perderon sentido nin forza. A xente de mais de cincuenta anos o acordan con moito cariño e respecto , e inda é o día que saben de memoria algún conto , canción ou comparsa do mestre. Na taberna filosofando e falando da vida e da vellez , bohemio pero querido como Max Estrella na obra de Valle-Inclan . Ese era D. Enrique Güimil o poeta do barrio. IN MEMORIAM.

Despois comezou a musica , os vídeos , e o baile de máscaras amenizado por o Grupo Los Millonarios que despois de corenta anos , refundiuse para o gozo dos veciños . Tocaron temas da súa época pero tamén cancións mais modernas coma en calquera verbena que se precie .Bailamos todos , moitísimos disfraces , cando comezou o baile eramos cen persoas e os poucos xa xuntamos cerca das catrocentas persoas na festa.
Os mellores disfraces foron difíciles de elixir , decantámonos por premiar a orixinalidade , DarVeider (Marcos) gañou o 1º Premio xunto con Bridney Spears (Si3) , o 2º foi para a galiña-tola (????) e mais para o pescador ( ???) e o 3º foi para a leona (????) e a velliña (Suso). Hai que dicir que todos estaban moi ben , que o importante era divertirse , que os premios eran cativos para evitar envexas e problemas , e pensamos que tod@s o entenderon perfectamente.
Pechamos ás catro , e en liñas xerais pódese dicir que logramos o obxectivo , que non era outro que pasalo ben.
...seguiremos
No hay comentarios:
Publicar un comentario